lunes, 9 de febrero de 2015

O DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO

Fai uns días celebrouse o día internacional do cancro. Non podo evitar copiar a entrada que publiquei fai tempo, porque as novas que saíron nos medios de coumunicación a semana pasada ían na "tranquilizadora" liña de "1 de cada 2 españoles nacidos terá cáncer pero non hai que preocuparse porque moitos cúranse". Fai 3 anos amosaba o meu abraio pola alta incidencia do cancro de mama e os recortes en sanidade. Hoxe falamos dun 50% e dunha débeda do 100%. E só pasaron 3 anos...

martes, 23 de octubre de 2012

O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA
O día 19 octubre foi o Día Internacional contra o cancro de mama. Unha de cada dez mulleres padecen a enfermidade. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Lazos rosas lembran ese feito. Os políticos súmanse á celebración, tentando sacar proveito coma sempre. Hogaño o PSOE  alerta da posibilidade de que as mamografías deixen de ser gratuitas polos recortes na sanidade pública, porque é o cancro que mellor se cura se se detecta a tempo.
Detección a tempo, tratamento rápido e gratuito: estas son as demandas que xurden dende todos os medios e sectores implicados. Certo é que é importante, moi importante. Pero máis que a prevención e a curación, é tentar evitar a enfermidade.
Por iso eu quero reclamar algo máis para a vindeira “celebración” do día: unha gran manifestación con grandes pancartas en toda España reclamando das autoridades que non sexan hipócritas e nos conten que é o que nos está envelenando. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Deus santo! E ninguén investiga as causas? Sí…pero coidan ben que non nos enteremos. Que nos conten cantas sustancias químicas tóxicas hai no ambiente, na roupa, nos cosméticos, na alimentación e en tantos outros productos, que non foron suficientemente probadas; ou sí o foron e , demostrándose que son canceríxenas, continúan, sin embargo, sendo utilizadas. Que nos digan que esas sustancias canceríxenas se acumulan nos tecidos graxos, como son os peitos. A poderosa industria química crea o mal e pon o remedio. Os políticos fanlles o xogo e nos resignámonos a ser posibles candidatas.
Que non nos vendan a moto de que é un mal inevitable. Mentras esperamos a que as autoridades miren de verdade pola nosa sáude, informémonos sobre esas sustancias e, na medida que nos sexa posible, tentemos evitalas.

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NAS AULAS (ANTIGO BLOG MINERVA)

jueves, 16 de febrero de 2012

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NAS AULAS

Chegou ó meu Instituto unha nova revista, con un suxerente título acabado en 3.0. No editorial, o  director presenta o número como interesantísimo para que os docentes saiban como iniciarse niso das TIC e coñezan novas tecnoloxías, como a realidade aumentada. Lina íntegra, non para buscar argumentos que me convenceran de incorporar as TIC nas miñas clases ou os medios para facelo -porque xa o fago-,  senón buscando que razóns se poden esgrimir para xustificar a dixitalización das aulas e que beneficios aportan ó sistema os costosos  aparellos que as abarrotan.
Non hai argumentos novedosos. Repítese varias veces que se consigue unha interacción entre alumnos e profesor real e efectiva, un acceso inmediato á información e construción da aprendizaxe por parte do alumnado. Son razóns pouco convincentes para uns profesionais que levamos moitos anos interactuando con éxito cos alumnos e axudando a construir aprendizaxes sen intermediarios dixitais. Tamén se di varias veces, implícita ou explícitamente, que os profesores que rechazan o emprego das novas tecnoloxías, fano por medo a non saber usalas. Nin que fora tan difícil…
Non, señores. Se eu non vou usar, por exemplo,  o maravilloso bolígrafo dixital que permite ó alumno escribir sobre o papel e, grazas á tecnoloxía Bluetooth, transmitir o escrito ó meu ordenador portátil, non é por medo ou ignorancia, senón pola consideración de que é un gasto inútil, que só lle reporta beneficios ó fabricante, pero non ós meus alumnos nen a min. E por riba emprega unha tecnoloxía dañina para a saúde, como a maioría dos aparellos das aulas dixitalizadas. Sí, necesitamos a tecnoloxía, pero que sexa útil e inocua.

AULA DIXITAL, PROXECTO ABALAR E FRACASO ESCOLAR (ANTIGO BLOG MINERVA)

AULA DIXITAL, PROXECTO ABALAR E FRACASO ESCOLAR
Todos os proxectos e reformas educativas buscan o mesmo: reducir o fracaso escolar. É unha cuestión importante, especialmente en Galicia, onde case duplicamos a media europea. O proxecto Abalar ten dous obxectivos: reducir o fracaso escolar e alfabetizar dixitalmente ós alumnos. Alfabetizar? Será a seus avós, porque ós peques xa podemos darlles  Sobresaínte cum laude. Reducir o fracaso escolar? Unha forma doada é calcular cantos deixan de obter o título con dúas suspensas… ¿o 15 %? Reducimos o fracaso un 15%, dando o título con dúas suspensas. Non se fagan ilusións: iso xa se está facendo. Agora, ou ben baixamos o listón a catro, ou poñemos Abalar. Polo menos vai ser un bo titular, e aquí os titulares gustan moito. E tamén unha boa maneira de vender ordenadores, de acostumar ós peques ó Microsoft e venderles Internet ós pais.  O de reducir o fracaso escolar, xa o veremos.  Se non funciona, sempre podemos botarlle a culpa ós profes. En España  temos un profesorado moi escéptico, din as estadísticas, coa utilidade dos ordenadores na aula. Claro que, en Finlandia, país europeo con menos fracaso escolar, o 27% dos profesores non lle ve vantaxe alguna ós ordenadores na aula. De feito, ningún estudo demostrou que as tecnoloxías melloraran os resultados académicos; sí, o uso de estratexias innovadoras. A alternativa á lección maxistral xa existía antes dos ordenadores. En Finlandia os profesores teñen un gran prestixio social e exercen o seu labor con enorme liberdade. Alí, ás facultades de Educación só chega 1 de cada 10 aspirantes,  que son mellores expedientes de Secundaria. Lin fai pouco un conto no que se pretendía demostrar que os profesionais máis importantes dunha sociedade eran os profesores. En Finlandia seguramente o son. Aquí tamén podíamos selo pero fáltanos moitas cousas,  entre outras,   espíritu crítico.

CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E SAÚDE (ANTIGO BLOG MINERVA)

viernes, 6 de enero de 2012

OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E A SAÚDE

Aínda che quedan dúbidas sobre os efectos dañinos dos campos electromagnéticos? Le a seguinte información.
·Do 24 ó 31 de maio do 2011 un grupo de científicos de 13 países representantes de axencias gubernamentais da saúde avaliaron todos os estudos dispoñibles a nivel mundial sobre o impacto na saúde das radiacións emitidas por dispositivos inalámbricos. O comunicado final foi: “as evidencias científicas seguen acumulándose; son o suficientemente sólidas para determinar unha conclusión e a clasificación dos campos electromagnéticos no grao 2B (posible canceríxeno)”.O director da IARC dixo que, á espera de novos estudos que o confirmen definitivamente, deben tomarse medidas para reducir todo o posible a exposición á radiación, especialmente dos nenos.

·Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa do 27 de maio de 2011 indica, en relación co uso de móbiles e WI-FI, que se desenvolva por parte das administracións competentes nas materias de educación, medio ambiente e saúde campañas de información a profesores, pais e nenos sobre os riscos específicos do uso prolongado de móbiles e outros sistemas de emisión de microondas.Establece ademais que é preferible empregar sistemas de cableado en lugar de WIFI.
·        Sintetizando moito, os principais efectos perxudiciais da exposición a campos electromagnéticos son, segundo os estudos mencionados, os seguintes:
o   Trastornos neurolóxicos: irritabilidade, cefalea, mareos…
o   Trastornos mentais: alteracións do humor e carácter, depresións…
o   Trastornos cardiopulmonares.
o   Incremento do risco de algúns tipos de cancro.
o   Alerxias e dermatitis.
o   Trastornos hormonais.
o   A electrohipersensibilidade.
o   Trastornos inmunológicos :alteracións do sistema de inmunovixiancia antiinfecciosa e antitumoral.
O risco destas complicacións e maior nos seguintes grupos: nenos, anciáns, embarazadas e portadores de prótesis metálicas e marcapasos.
·        Outro efecto moi negativo é que reduce os niveis de melatonina. A melatonina  ten función antioxidante, antiinflamatoria e importantes efectos oncostáticos, reducindo a proliferación celular no cancro. A ausencia de luz estimula a producción da melatonina. Por iso, sería importantísimo durante a noite non estar exposto ós campos electromagnéticos (móbil, despertadores dixitais-nunca oistes que non é recomendable ter un despertador dixital?-, wifi…)Se o despertador era malo, imaxinade un inalámbrico ou wifi, non hai comparación.

Todo isto permítenos facernos preguntas e sacar as seguintes conclusións:
·        Son fiables eses estudos?
Parece lóxico pensar que tantos científicos non poden estar todos equivocados, ademáis ¿Qué interés poden ter en demostrar como dañino algo que non o é? Non podemos pensar o mesmo doutros posibles estudos ou voces que sí poden ter moito interés en demostrar que é inocuo algo que sí é dañino. As empresas máis poderosas son hoxe en día as de telecomunicacións. E todos sabemos quen goberna hoxe.
Aparte deses estudos (demoledores todos eles) hai xa unha enfermidade recoñecida relacionada coa exposición ós CEM. O Consello Europeo advertiu ós estados membros que debían admitir como enfermidade relacionada coa exposición ós campos electromagnéticos aElectrohipersensibilidade. Esta enfermidade é a gran descoñecida (ocultada; sendo que  entre o 3 e o 5 % de europeos a padecen (e vai en alarmante aumento).  En Suecia, o primeiro país que a recoñeceu como causa de invalidez física, a cifra de afectados é de 290 000. Por desgracia hai moita xente que a padece e non o sabe: SON POLIMEDICADOS (as segundas empresas en importancia, despois das de telecomunicacións, son as farmacéuticas), PASAN POR MIL PROBAS E… cada vez están peor porque siguen expostos ós axentes que lles producen o mal.  


·        Son perigosos os niveis actuais de exposición?
Se o recomendado polo Consello de Europa é prescindir de sistemas inalámbricos, qué pasa cando se teñen varios Wi-Fis ou inalámbricos nun edificio? Calquera router doméstico ten un alcance de máis de 100 metros en todas direccións e, por riba, pódese ampliar libremente. Un wifi doméstico emite 40 microwatios, o inalámbrico 200, entón, ¿Qué pasa cando hai varios?.

·        Se tan malo é, ¿Por qué non se prohíbe? ¿non hai unha lei que nos protexa?
Un dato significativo da protección/desprotección que ofrece a lei é que en Nueva Gales del Sur, en Australia, está fixado un máximo de radiación de 0,001 microvatios/c2; en Austria fai tempo que teñen 0,01 microvatios/c2; . En España permítense 61 V/m. Europa recomenda como 0,2 V/m. 
Ademáis a lei é do ano 2001, logo non recolle os últimos avances técnicos (por ex. Wi-fis domésticos con tal alcance) nin científicos (o informe Bioinitiative é do 2007, por citar o máis representativo).
Por riba é moi fácil sobrepasar os límites legais: as torres de telefonía móvil, por exemplo, son inspeccionadas un día ó ano, día no que –como son avisados con antelación- baixan a potencia de emisión (isto non é nin unha falacia nin un segredo: sábeo todo o mundo que se adica a elo).

·        Por que a Administración non informa disto e /ou toma medidas?
 A mencionada resolución da Asamblea do Consello de Europa recomenda iniciar campañas de información. É obvio que non se iniciaron esas campañas, do contrario estaríamos todos algo máis informados. Aínda máis sospeitoso resulta o feito de que, aínda que xa nas resolución mencionadas do Consello Europeo se recomendaba investigar o tema, en España todos os científicos que se dedican a súa investigación fano no seu tempo libre e con cartos do seu peto.
En outubro do 2011 aprobouse en España unha nova lei da saúde na que se di que se vixiará o impacto na saúde da exposición a emisións electromagnéticas. Tamén di que as accións de protección da sáude rexiranse polos principios de proporcionalidade e precaución,principio explicado así:La existencia de indicios fundados de una posible afectación grave de la salud de la población, aún cuando hubiera incertidumbre científica sobre el carácter del riesgo, determinará la cesación, prohibición o limitación de la actividad sobre la que concurran”.
É de suponer que antes ou despois se acabará regulando o uso de todos estes dispositivos dun xeito máis estricto ou, incluso, prohibíndoos. O problema é se cando iso ocurra xa é tarde para algún.

·       E resumimos coa gran obxeción: as ondas están por todas partes (tamén nas conduccións de electricidade ); é un mal inevitable.

Quedoume na memoria unha frase de Almudena Grandes coa que remataba un artigo no País: “Nuestro futuro está en nuestras manos, pero todos los caminos para conseguirlo pasan por la derrota de la resignación”
·        Moitos aparatos emiten ondas electromagnéticas  pero non todos do mesmo xeito: a diferenza está na frecuencia por segundo. Nos casos dos Wi-Fi ou inalámbricos é altísima.
·        Ademáis, se están por todas partes, é a razón máis poderosa para actuar: non é o mesmo fumar 5 cigarros ca 20, ¿ou sí? .
·        A administración non fai nada, ¿Qué podo facer eu? Reducir o que esté na noas man. Non temos excusa.
·         Temos cerca antenas de telefonía móbil, iso aínda é peor. Pois non, nunha entrevista a Minerva Palomar (afectada de electrohipersensibilidade) que lle fixeron fai pouco na Voz de Galicia afirmaba textualmente “ a la gente le preocupa cuando tiene al lado una antena de telefonía móbil y le sorprendería saber que tiene un nivel más alto de radiación al lado de su teléfono inalámbrico”. A ela podemos crerlle: leva catro medidores encima, diso depende a súa supervivencia.
Invítote a que reflexiones sobre todos estes datos e valores a necesidade de protexerte, posto que a Administración non vai facelo tan axiña.

WIFI ESCOLAR Y AUTORIZACIÓN (ENTRADA ANTIGUO BLOG MINERVA)

lunes, 9 de enero de 2012

WIFI ESCOLAR Y AUTORIZACIÓN

Mientras firmo la autorización para que la sociedad deportiva a la que pertenecen mis hijos pueda publicar sus fotos en la página web, me acuerdo de que hace años firmé una autorización parecida,  para que el colegio pudiera publicar fotos de los actos en los que los niños participaban. Sin embargo, este curso para  poner a mi hijo en una aula digital, dotada con sistema wifi, le pidieron el permiso al Consello Escolar.
Me gustaría ponerme en contacto con el señor del Gobierno que en este asunto algo mande, para hacerle una propuesta:  la autorización para que mi hijo, disfrazado de rey mago, salga en la página del cole, pídasela al Consello Escolar; el permiso para que mi hijo sea expuesto a ondas electromagnéticas, pídamela a mí. Es que, verá usted, me encuentro en la curiosa situación de tener la posibilidad de proteger la imagen de mi hijo, pero no así su salud.

DECÁLOGO PARA FACER DO TEU FILLO UN PERFECTO INFELIZ (ANTIGO BLOG MINERVA-2012)

DECÁLOGO PARA FACER DO TEU FILLO UN PERFECTO INFELIZ
  1. Xamais lle digas "NO" ao teu fillo. Podería frustrarse.
  2. Pídelle opinión para todo: que comer, que cear, que facer. Por suposto, esfórzate por satisfacer todos os seus desexos.
  3. Anticípate ós seus desexos: antes de que note algo en falta, cómprallo. Non lle des tenpo a pensar en gañalo co seu esforzo.
  4. Presta atención ó que di más co que fai.
  5. Retrasa no posible o abandono de todos os elementos de bebé: chupete, purés, carrito...
  6. Que na súa habitación non falte ningún aparello electrónico: tele, ordenador, WII.
  7. Defende ó teu fillo sempre, faga o que faga.
  8. Non limites nunca a súa liberdade e nunca permitas que sufra as consecuencias das súas accións.
  9. Resolve calquera dificultade que se lle presente ipso facto. Non lle des a oportunidade de comprobar se pode resolvela por si só.
  10. Cede cando pida, dialoga cando esixa.

A FANTÁSTICA MAXIA DUN ORDENADOR NA AULA (ANTIGUO BLOG MINERVA- 2012)

Hoxe lin cun sorriso cínico o artigo que se publicou no diario El Progreso,  “La varita mágica de la atención”, no que se presenta unha idílica aula nun instituto de Lugo na que o desinterés xeneralizado do alumnado se solucionaba coa máxica pantalla dun ordenador (pequeno, iso sí), as dificultades en inglés desapareceron co traductor de Google e cun simple clik tiñan os alumnos o mundo ós pes (o fantástico mundo dos videos YouToube). Nun ano España vai aparecer en tódolos medios internacionais como o descubridor da panacea contra os males do sistema educativo ; e boa falta nos fai, porque en Galicia case duplicamos a media europea en fracaso escolar.
O problema é que a novidade que supón un ordenador na aula dura menos dunha semana. En Finlandia, país europeo con menos fracaso escolar, unha boa porcentaxe dos profesores non lle ve vantaxe alguna ós ordenadores na aula. De feito, ningún estudo demostrou que as tecnoloxías melloraran os resultados académicos; sí, o uso de estratexias innovadoras, pero a alternativa á lección maxistral xa existía antes dos ordenadores.
Os contidos non se asimilan mellor porque teñamos un acceso máis rápido a eles, e o feito de que teñamos moita información a golpe de clik non quere dicir que a interpretemos correctamente. Aprender a facer un traballo informatizado ou unha presentación leva unha hora aproximadamente; aprender a seleccionar a información, comprender o contido, expresarse con corrección ortográfica e gramatical ou adquirir o léxico necesario para elo,  supón moito esforzo e moitos anos de traballo. E para iso só precisamos un lápiz, unha libreta e un libro. Precisamos tamén alumnos maduros e responsables que xa veñan da casa con ganas de aprender, que a administración retire das aulas alumnos con graves problemas de conducta, que as leis non permitan promocións por idade e que se solucionen nos primeiros anos as dificultades que teñen algún alumnos, para que non se convirtan en candidatos seguros ó fracaso escolar, aínda que logo se poñan todos os medios ó seu alcance.
Oxalá fora esa variña máxica do artigo! Pero non, un ordenador tan só é un complemento e, polo tanto,  un portátil para todos é absolutamente innecesario e un gasto inútil.