Fai uns días celebrouse o día internacional do cancro. Non podo evitar copiar a entrada que publiquei fai tempo, porque as novas que saíron nos medios de coumunicación a semana pasada ían na "tranquilizadora" liña de "1 de cada 2 españoles nacidos terá cáncer pero non hai que preocuparse porque moitos cúranse". Fai 3 anos amosaba o meu abraio pola alta incidencia do cancro de mama e os recortes en sanidade. Hoxe falamos dun 50% e dunha débeda do 100%. E só pasaron 3 anos...
martes, 23 de octubre de 2012
O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA
O día 19 octubre foi o Día Internacional contra o cancro de mama. Unha de cada dez mulleres padecen a enfermidade. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Lazos rosas lembran ese feito. Os políticos súmanse á celebración, tentando sacar proveito coma sempre. Hogaño o PSOE alerta da posibilidade de que as mamografías deixen de ser gratuitas polos recortes na sanidade pública, porque é o cancro que mellor se cura se se detecta a tempo.
Detección a tempo, tratamento rápido e gratuito: estas son as demandas que xurden dende todos os medios e sectores implicados. Certo é que é importante, moi importante. Pero máis que a prevención e a curación, é tentar evitar a enfermidade.
Por iso eu quero reclamar algo máis para a vindeira “celebración” do día: unha gran manifestación con grandes pancartas en toda España reclamando das autoridades que non sexan hipócritas e nos conten que é o que nos está envelenando. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Deus santo! E ninguén investiga as causas? Sí…pero coidan ben que non nos enteremos. Que nos conten cantas sustancias químicas tóxicas hai no ambiente, na roupa, nos cosméticos, na alimentación e en tantos outros productos, que non foron suficientemente probadas; ou sí o foron e , demostrándose que son canceríxenas, continúan, sin embargo, sendo utilizadas. Que nos digan que esas sustancias canceríxenas se acumulan nos tecidos graxos, como son os peitos. A poderosa industria química crea o mal e pon o remedio. Os políticos fanlles o xogo e nos resignámonos a ser posibles candidatas.
Que non nos vendan a moto de que é un mal inevitable. Mentras esperamos a que as autoridades miren de verdade pola nosa sáude, informémonos sobre esas sustancias e, na medida que nos sexa posible, tentemos evitalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario