lunes, 9 de febrero de 2015

A FANTÁSTICA MAXIA DUN ORDENADOR NA AULA (ANTIGUO BLOG MINERVA- 2012)

Hoxe lin cun sorriso cínico o artigo que se publicou no diario El Progreso,  “La varita mágica de la atención”, no que se presenta unha idílica aula nun instituto de Lugo na que o desinterés xeneralizado do alumnado se solucionaba coa máxica pantalla dun ordenador (pequeno, iso sí), as dificultades en inglés desapareceron co traductor de Google e cun simple clik tiñan os alumnos o mundo ós pes (o fantástico mundo dos videos YouToube). Nun ano España vai aparecer en tódolos medios internacionais como o descubridor da panacea contra os males do sistema educativo ; e boa falta nos fai, porque en Galicia case duplicamos a media europea en fracaso escolar.
O problema é que a novidade que supón un ordenador na aula dura menos dunha semana. En Finlandia, país europeo con menos fracaso escolar, unha boa porcentaxe dos profesores non lle ve vantaxe alguna ós ordenadores na aula. De feito, ningún estudo demostrou que as tecnoloxías melloraran os resultados académicos; sí, o uso de estratexias innovadoras, pero a alternativa á lección maxistral xa existía antes dos ordenadores.
Os contidos non se asimilan mellor porque teñamos un acceso máis rápido a eles, e o feito de que teñamos moita información a golpe de clik non quere dicir que a interpretemos correctamente. Aprender a facer un traballo informatizado ou unha presentación leva unha hora aproximadamente; aprender a seleccionar a información, comprender o contido, expresarse con corrección ortográfica e gramatical ou adquirir o léxico necesario para elo,  supón moito esforzo e moitos anos de traballo. E para iso só precisamos un lápiz, unha libreta e un libro. Precisamos tamén alumnos maduros e responsables que xa veñan da casa con ganas de aprender, que a administración retire das aulas alumnos con graves problemas de conducta, que as leis non permitan promocións por idade e que se solucionen nos primeiros anos as dificultades que teñen algún alumnos, para que non se convirtan en candidatos seguros ó fracaso escolar, aínda que logo se poñan todos os medios ó seu alcance.
Oxalá fora esa variña máxica do artigo! Pero non, un ordenador tan só é un complemento e, polo tanto,  un portátil para todos é absolutamente innecesario e un gasto inútil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario