jueves, 16 de febrero de 2012
AS NOVAS TECNOLOXÍAS NAS AULAS
Chegou ó meu Instituto unha nova revista, con un suxerente título acabado en 3.0. No editorial, o director presenta o número como interesantísimo para que os docentes saiban como iniciarse niso das TIC e coñezan novas tecnoloxías, como a realidade aumentada. Lina íntegra, non para buscar argumentos que me convenceran de incorporar as TIC nas miñas clases ou os medios para facelo -porque xa o fago-, senón buscando que razóns se poden esgrimir para xustificar a dixitalización das aulas e que beneficios aportan ó sistema os costosos aparellos que as abarrotan.
Non hai argumentos novedosos. Repítese varias veces que se consigue unha interacción entre alumnos e profesor real e efectiva, un acceso inmediato á información e construción da aprendizaxe por parte do alumnado. Son razóns pouco convincentes para uns profesionais que levamos moitos anos interactuando con éxito cos alumnos e axudando a construir aprendizaxes sen intermediarios dixitais. Tamén se di varias veces, implícita ou explícitamente, que os profesores que rechazan o emprego das novas tecnoloxías, fano por medo a non saber usalas. Nin que fora tan difícil…
Non, señores. Se eu non vou usar, por exemplo, o maravilloso bolígrafo dixital que permite ó alumno escribir sobre o papel e, grazas á tecnoloxía Bluetooth, transmitir o escrito ó meu ordenador portátil, non é por medo ou ignorancia, senón pola consideración de que é un gasto inútil, que só lle reporta beneficios ó fabricante, pero non ós meus alumnos nen a min. E por riba emprega unha tecnoloxía dañina para a saúde, como a maioría dos aparellos das aulas dixitalizadas. Sí, necesitamos a tecnoloxía, pero que sexa útil e inocua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario